31 marzo 2008

Eiris e Novo Mesoiro VERSUS Tabacalera-Palloza

Despois de tanto revuelo todos estes días na cidade, paréceume interesante busca-la comparativa para adquirir pisos de promoción pública na Palloza(antiga Tabacaleira) e na zona de Eiris e Novo Mesoiro.
Cando se consulta ao Concello as bases para solicitar un piso de promoción pública en Eirís (112 pisos) ou Mesoiro (144 pisos), estas vivendas entréganse en réxime de propiedade, aínda que tamén hai de aluguer.

-Reservase un 3% para discapacitados e outro 3% para vítimas da violencia de xénero. Din as bases neste caso que o prezo virá determinado "en función dos m2 e ingresos ponderados da unidade familar".

-Poden pedir estes pisos quenes non teñan "outro título de dereito (vivenda en propiedade, usufructo, cesión, posesión habitación ...) que permita o seu uso e disfrute, salvo que se acredite que a de que se dispón sexa inhabitable, insuficiente ou inadecuada".

-Residir na Coruña ou traballar aquí dende hai 2 anos.

-Tamén o poden pedir os galegos no estranxeiro e os retornados que leven ao menos 5 anos na emigración. Non se poden ter "ben inmobres rústicos ou urbáns con valor catastral superior a 30.000€". Hai que ter uns "ingresos ponderados anuais, da unidade familar ou de convivencia, comprendidos entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM.(Cuantía anual del IPREM para 2005:5.637,60€)". -Tamén no caso dos pisos de Mesoiro e Eirís pídese non ser dono "dunha vivenda de protección oficial". Estas promocións esixen un maior nivel de necesidade de axudas públicas. ¿Por qué hai diferencia de criterio nas bases duns e outros pisos? ¿Terá algo que ver a ubicación? Para a miña tranquilidade, rógolles que, si botando un ollo ás bases, alguén máis letrado ca mín consideran que estou trabucada, e non leo ben, díganmo, por que certamente esto tenme sumida nun cabreo considerable.



1 comentario:

Virtu dijo...

La razón es la de siempre....el pedigree cuenta. Sobran palabras.