03 abril 2008

Axuda de 360€ da Xunta para familias con nenos pequenos

Como non todo vai ser falar do dichoso Tema Penamoa(Ventorrillo xa me comentou que lle aburre máis que ver Luar na Galega), publicamos unha axuda que ten a Xunta para apoiar ás familias dende fai moitos anos, pero que a maioría dos galegos descoñecemos.

Pásobola a resumir de seguido:

1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2008 (nacidos entre o 2-1-2005 e o 1-1-2008, inclusives) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2006, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.

2. Quedan excluídas aquelas unidades familiares cuxos ingresos, considerados de forma individual ou conxunta segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2006 os 22.000 euros, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF.

3. No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2006 e o 31 de decembro de 2007, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da inscrición da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil. Cando non sexa necesaria a inscrición, a prestación concederase a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

4. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación
será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.

5. En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.

SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

a) Fotocopia do DNI/NIF ou NIE da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.

b) Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de tres anos.

c) Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

d) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.

e) Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.

f) Fotocopia da folla da libreta ou cartilla de aforros na cal figure o número de conta en que se desexe recibir o ingreso, e na cal deberá figurar como titular a persoa que asina a solicitude. No caso de non dispoñer de cartilla ou libreta de aforros, poderase presentar unha certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á cal se refire.

g) Unha declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, por este mesmo concepto, por calquera Administración pública ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
Ogallá que vos sexa de interese, e poñédeo en coñecemento de tódalas nais que coñezades. Bueno, e pais tamén(Risas). Grazas a Virtu por recordarme esta iniciativa mentres tomábamos un café na calle Barcelona.
Aburiño, Aduladora
Actualización da administradora 12:58
Un par de cousiñas máis...
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
- O prazo de presentación será de corenta días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. E dicir, ata o 13 de maio.
- A presentación da solicitude poderase facer por vía escrita (no Rexistro da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) ou por vía telemática (http://www.xunta.es/aplicacions/pfc). A presentación telemática só e posible se xa se solicitou o ano anterior.Unha aperta.



1 comentario:

Virtu dijo...

Un par de cousiñas mais...

Lugar e prazo para a presentación de solicitudes:
- O prazo de presentación será de corenta días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. E dicir, ata o 13 de maio.
- A presentación da solicitude poderase facer por vía escrita (no Rexistro da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) ou por vía telemática (http://www.xunta.es/aplicacions/pfc). A presentación telemática só e pobible se xa se solicitou o ano anterior.

Unha aperta.