22 abril 2008

Hoxe celébrase o Día Mundial da Terra

Dende o ano 1970 cada 22 de abril celébrase o Día Mundial da Terra, para subliñar a necesidade da conservación dos recursos naturais do mundo. Xurdido como movemento universitario, o día da Terra converteuse nun importante acontecemento educativo e informativo. Os grupos ecoloxistas utilízano como ocasión para avaliar os problemas ambientais do planeta: a contaminación do aire, auga e chans, a destrución de ecosistemas, os centos de miles de plantas e especies animais decimadas, e o esgotamento de recursos non renovables. Insístese en solucións que permitan eliminar os efectos negativos das actividades humanas. Estas solucións inclúen a reciclaxe de materiais manufacturados, preservación de recursos naturais como o petróleo e a enerxía, a prohibición de utilizar produtos químicos daniños, o fin da destrución de hábitats fundamentais como os bosques húmidos e a protección de especies ameazadas. Por esa razon é o día da terra.
Dende aquí animo aos veciños a dar ideas que supoñan unha axuda para salvar a Terra. Por exemplo, reutilizar as bolsas de plástico que che dan no super para a túa próxima compra

No hay comentarios: