22 abril 2008

O Concello debe adaptar todolos parques infantís o próximo mes


Algunhas áreas non cumpren as disposicións do decreto autonómico, que obriga a que o chan baixo os elementos lúdicos estea protexido para amortecer os golpes por caídas. Podes seguir lendo a noticia na Opinión picando AQUÍ.

Para este exercicio, o Concello ten previstos 200.000 euros para a mellora das zonas de xogo existentes e a instalación de novas en Méndez Núñez, A Palloza, vivendas do Carmen, As Xubias, praza de Mestre Mateo, parque de Eirís, Cidade Vella, Manuel Murguía, rúa Hospital, Padre Rubinos, Vioño e Angel Rebollo.

Ou hai un erro de imprenta ou do noso barrio non di nada. ¿Será posible que unha vez máis se esqueceran do noso barrio? E iso que nós xa o denunciamos nestas entradas do blog:



Actualización:
Segundo Edmundo Varela (decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Coruña) o 50% dos parques infantís de Galicia incumpre nalgunha medida o decreto de seguridade que os regula, que entrará en vigor o próximo 10 de maio e será de "obrigado cumprimento".
O decreto non recolle ningunha sanción aplicable aos concellos que incumpran este regulamento, pero o problema pode vir "en caso de accidente nunha destas áreas, xa que aí a responsabilidade patrimonial ou penal recaería no titular dese parque, ao estar incumprindo un regulamento en vigor".
Neste sentido, un dos déficits máis destacados destas zonas de xogo infantís é o valado inadecuado, a mala sinalización e o chan non adaptado ás normas de protección de caída.

No hay comentarios: