30 abril 2008

O Concello destinará 800.000 euros a comprar pisos para realoxar a chabolistas

As vivendas formarán parte, segundo a iniciativa municipal, dunha "oferta de realoxamento", o que posibilitará que sexan utilizadas para albergar a chabolistas de Penamoa. O Goberno local expresou en reiteradas ocasións a súa vontade de dispersar aos residentes no poboado por diferentes barrios da cidade e o alcalde, Javier Losada, comprometeuse o luns cos veciños de Novo Mesoiro a que ningún residente en Penamoa sería reacollido no barrio.

Os interesados en ofrecer ao Concello vivendas usadas poderán presentar as súas propostas ata o próximo 1 de xullo. Os técnicos municipais abrirán cinco días despois os sobres que conteñan a documentación destas ofertas e unha comisión técnica encargarase de elixir a mellor opción.
Un informe emitido pola Concellaría de Servizos Sociais, ademais, asegura que as zonas da cidade máis aptas para acoller aos habitantes do asentamento chabolista son os barrios dos Mallos, A Gaiteira e Monte Alto.

Por outro lado, os veciños de Eirís, O Castrillón-Urbanización Soto, Oleoduto e Matogrande presentarán hoxe 3.600 firmas contra a recolocación dos residentes en Penamoa nestes barrios e para esixir ao Concello a revisión dos expedientes de adxudicación das vivendas sociais da Xunta en Novo Mesoiro e Eirís. Ademais, onte anunciaron que se plantean comezar as mobilizacións.
(Fonte: La Opinión)

No hay comentarios: