18 abril 2008

Os módulos de transición situaranse en Penamoa no prazo de dous meses


Coma se de bonecas Barbie se tratasen, as familias chabolistas de Penamoa disporán de casiñas, de 60 metros cadrados, aínda que só poderanas usar para adquirir hábitos sociais e non para pasar a noite.

Terán unha estrutura de formigón e metálica, e contarán con todolos elementos propios de calquera piso: cociña, cuarto de baño, habitacións e zonas comúns.

Todas as familias que se acollan ao plan municipal deberán comprometerse a non realizar actividades ilícitas, escolarizar a menores e asistir aos cursos de formación. Os que non cumpran serán expulsados de forma inmediata. O resto poderá desenvolver nelas todos os seus labores diarios, excepto durmir, que o farán nas súas chabolas.

No hay comentarios: