01 abril 2008

Primeiro foron os funcionarios e agora os traballadores da limpeza

Considero que aínda son nova, pero atopar un Alcalde con tantos veciños, funcionarios, traballadores etc... na súa contra fáisenos difícil de atopar. Penso que o Sr.Losada para "sparring" non ten prezo, e aguanta as acometidas dos veciños e traballadores da cidade sen inmutarse.

Neste intre e sen esquecernos dos veciños dos barrios, os traballadores de Albada, a empresa que ten a concesión da limpeza na cidade ten convocada unha folga para o 12 de Abril. ¿Qué sairá de todo isto? Ogallá que todo remate pra ben de todos nós e que por favor interceda o Alcalde nesta liorta sin senso.
Temos que dicir que xa no barrio de Bens, os veciños perciben uns aromas nada recomendables para a saúde.


O Blog do Ventorrillo apoia ós traballadores de Albada e ó seu comité de empresa en calquer medida que adopten na procura de solucións ó conflicto.(Foto:Web da CIG)

No hay comentarios: