18 abril 2008

¿Qué facer esta tardiña de choiva "primaveral"?


Recomendámoslles ós nosos lectores ir a ver a representación teatral "Rotas", as 20:15 horas no Centro Cívico dos Mallos.

Rotas é un alegato contra a chamada violencia de xénero e unha denuncia contra a tortura e o asasinato que sofren as mulleres. Nesta nova producción de Pífano Teatro a dramatización está posta ó servicio dun debate posterior sobre este auténtico drama social que parece non ter fin, e que corre o risco de ser asumido pola sociedade como algo normal . A fame, a miseria, as guerras e a tortura e asasinato das mulleres tanto no primeiro como no terceiro mundo, existen e poderan ter fin en tanto sigamos denunciando e loitando por educar na igualdade e no respeto.

Pífano Teatro, tenta aportar con esta posta en escena unha nova vía de participación e concienciación á sociedade, mediante a vida de dúas mulleres de distinta condición social unidas polo medo a vergonza e o desamparo. As súas historias son tan desgraciadamente frecuentes que nin sequera merecen media columna nun xornal, para iso, para ter presenza nun xornal tes que morrer, teñen que matarte ou case.Nesta proposta preténdese unha participación activa do público e o debate posterior a respresentación teatral está participado e moderado por unha psicóloga e unha avogada con amplia experiencia en atención as mulleres victimas da violencia de xénero.
(Para maiores de 12 anos)

No hay comentarios: