19 abril 2008

Un policía disparou a un can que lle azuzou un chabolista en Penamoa

Parece ser que aos chabolistas de Penamoa non lles senta nada ben a visita da policía ao poboado. O suceso de onte comezou cando un axente atopábase no poboado identificando a un mozo que era sospeitoso de roubar no interior dun coche estacionado no entorno de Penamoa.Nese momento, saíu dunha chabola un mozo con dous cans suxeitos con correas. E empezou a azuzar a un dos animais contra o policía. Ata que o soltou. Ao axente só lle deu tempo a sacar o arma e dispararlle nunha das patas para defenderse do ataque do can.
Nada máis escoitarse o disparo no poboado, da chabola máis próxima saíron tres persoas. Segundo a policía, todos eles ameazaron aos axentes con sacar as armas que tiñan e matalos. Algún deles acompañou as palabras co xesto de pór o seu dedo índice apuntando á cabeza. Aos poucos fóronse sumando chabolistas, con idéntico ánimo, segundo os policías, quen decidiron abandonar o lugar para evitar que o suceso fose a máis.

O portavoz dos veciños de Penamoa, Ramón Borja, atopábase no lugar. A súa versión non coincide coa da policía. Borja asegurou que «o can estaba atado, suxeito por un neno, cando o policía, o mesmo que provocou o altercado de fai un mes, disparou sen motivo». Ramón Borja di non entender "a provocación dalgúns axentes". Explica que os veciños de Penamoa "están dispostos a colaborar coas forzas da orde, pero estas teñen que comportarse como cómpre".

Subrealismo puro e duro.

No hay comentarios: