15 mayo 2008

Detido en Penamoa horas logo de roubar a punta de navalla nunha tenda

A Policía Nacional detivo en Penamoa a J.J.B.G, veciño da Coruña de 24 anos e con doce arrestos anteriores, como presunto autor dun roubo con intimidación na rúa Vila de Negreira. Os axentes localizaron ao mozo tras recibir o aviso de que un home ameazara ao dependente dun establecemento poñéndolle un coitelo ao pescozo para levar a recadación da tenda, que a esa hora, as cinco da tarde, ascendía a 90 euros.
O día no que desapareza o poboado de Penamoa a policía vaino ter máis dificil para buscar aos delincuentes. Neste momento téñeno fácil, porque calquera roubo que se produza na cidade xa saben onde ir buscar ao culpable, a Penamoa. O cal non quere dicir, que todo o que vive en Penamoa sexa delincuente pero case poderíamos asegurar que todos os delincuentes van parar alí.

No hay comentarios: