17 mayo 2008

Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas

Hoxe celébrase en Galicia o Día das Letras, toda unha festa para os galegoparlantes, na que dende 1963, cada ano homenaxease un escritor galego ou unha figura relevante no impulso da língua galega. Neste ano 2008 a figura escollida é a de Xosé María Álvarez Blázquez. O seu foi un traballo que, moito máis alá da produción literaria persoal, atinxe estudos de investigación nos eidos da literatura medieval e dos Séculos Escuros, da poesía popular, da etnografía, da angueira como editor e recuperador do libro galego na posguerra... Foi ademais mestre, arqueólogo e xornalista. Un recoñecemento que se estende a esa xeración do 36 rota pola guerra e que tivo que ir dando pasos difíciles pola "longa noite de pedra".
O galego é unha das miñas línguas favoritas, non creo que faga falta dicilo, e hoxe para min tamén é un día especial. Animo ós que non coñecen esta língua que boten unha ollada pola rede e se animen a ler algunha cousa en galego ou algún autor galego ainda que sexa en castelán. Deixo aquí un poema de Xosé María Álvarez Blázquez ("Roseira do teu mencer"), espero que lles guste, sobre todo aos máis pequenos.

POLO LARANXAL

Polo laranxal,
tres avelaíñas andan a voar.
Unha, dúas, tres,
de presa que voan, vense e non se ven.
Polo laranxal,
tres avelaíñas andan a chuchar.

Unha, dúas, tres,
de tanto que chuchan, borrachas de mel.

¡Caídas no chan,
tres avelaíñas polo laranxal!

No hay comentarios: