09 mayo 2008

Hoxe celébrase o Día de Europa


O 9 de maio celébrase con diferentes actividades para achegar a Unión Europea aos diferentes cidadáns.

O 9 de maio de 1950 é unha data que marcou un antes e un despois na historia de Europa e da súa unión. Ese día nacía a Europa Comunitaria, nun momento delicado no que a ameaza dunha terceira guerra mundial cerníase sobre o vello continente.

As primeiras liñas da Declaración, redactada por Jean Monnet e comentada e lida ante a prensa por Robert Schuman, Ministro de Asuntos Exteriores, expresan a gran magnitude da proposta.

Propúñase crear unha institución europea supranacional encargada de administrar as materias primas que naquela época eran a base de toda potencia militar: o carbón e o aceiro.

Todo empezou ese día e, por iso, no Cume de Milán de 1985 os Xefes de Estado e de goberno decidiron celebrar o 9 de maio como o "Día de Europa". Todos os países que deciden democráticamente adherirse á Unión Europea adoptan os valores de paz e solidariedade que son a pedra angular da construción comunitaria. Estes valores fanse realidade a través do desenvolvemento económico e social e do equilibrio ambiental e rexional, únicos mecanismos capaces de garantir un nivel de calidade de vida equitativo para todos os cidadáns.

1 comentario:

NingúnOtro dijo...

Hace tiempo que el pueblo nada tiene que celebrar un 9 de mayo. Sólo los políticos se lo creen porque les afecta el abultado bolsillo.

Más información: http://ningunotro.blogsome.com/2008/05/08/9-de-mayo-de-2008-dia-de-europa/