01 mayo 2008

Hoxe celébrase o Día do Traballador

1 de Maio, día do recordo para o traballador, a loita continua.

O 1 de Maio de cada ano é o día do traballador. Un día non laborable, pero non festivo no fondo, o tempo borrou moito a memoria histórica, o día 1 de Maio en realidade é o recordo e a conmemoración duns tráxicos feitos que fixeron espertar á clase traballadora no ano 1886.

Na cidade industrial americana de Chicago, no 1 de Maio do ano 1886, traballadores inculpados de actos terroristas foron sentenciados a morte. En plenas reivindicacións de melloras laborais, da esixencia das famosas 8 horas de traballo, 8 horas de estudo e 8 horas de descanso, traballadores de ideoloxía anarquista foron acusados de facer explotar unha bomba, foron acusados de terrorismo.

Spies, un dos traballadores sentenciado a morrer na forca antes de deixar este barrio dixo ben claro: -¡Saúde!, tempo en que o noso silencio será máis poderoso que as nosas voces, que estrangula a morte.

Tempo despois os traballadores de Chicago e do mundo enteiro espertaron do seu soño opresor e organizáronse para obter melloras laborais, crearon sindicatos e asociacións de axuda, obtendo logo de moitas mobilizacións, sabotaxes e folgas xerais, as famosas oito horas de traballo.

Os traballadores do vello Chicago vivían nunhas condicións deplorables, traballaban da orde de 14 a 16 horas ao día en fabricas sen ningunha medida de seguridade ou de hixiene, sen ver a luz do sol, xa que entraban antes do amencer e saían á noitiña. As súas primeiras reivindicacións foron acollidas con forza e moitos perderon a vida. Non foi un caso illado, en todos os paises de Europa, situacións similares reproducíronse ata a saciedade, ata que as patronais e os estados tiveron que ceder por forzas maiores. Concedéronse dereitos e melloras, dereitos e melloras que hoxe se están perdendo.

¿Que lle pasa aos traballadores de hoxe en día?¿por que non loitan polos seus dereitos? ¿por que o traballador permite condicións denigrantes no seu posto de traballo? O silencio non é bo, non é bo para ninguén. Non quedes calado.

1 comentario:

Anonymous dijo...

Estuve trabajando en una empresa de construcción que se trabajaba 10 horas diarias, se hacían siempre 2 a mayores sin cobrarlas. Al final me harté y le dije al jefe que quería trabajar las 8 horas por ley. Los compañeros en vez de apoyarme me criticaban por mi actitud. Decían que no era compañero porque no trabajaba tanto como ellos, se quejaban al jefe porque yo me marchaba a las 6 en vez de a las 8 y a partir de ahí tenían una persona menos para hacer el trabajo. Al final mi jefe me echó por baja productividad pero realmente me echó por exigir mis derechos. Lo que más me dolió es que ninguno de mis compañeros se mostró solidario conmigo y exigir lo que por ley les correspondía. Eso es lo que pasa hoy en día, falta de compañerismo, cada uno va a lo suyo y punto.