19 mayo 2008

I Marcha Solidaria “A luz dos/as inmigrantes”

A ONG Equus Zebra envíanos unha mensaxe para que nos animemos e nos unamos á Marcha Solidaria que se celebrará o próximo 23 de maio na Coruña na explanada da Torre de Hércules, aproveitando que se celebra o Día Internacional de África.

Equus Zebra é unha ONG galega creada por e para os inmigrantes.

Equus Zebra é unha organización sen ánimo de lucro, privada, independente, apolítica e aconfesional que ten a súa orixe no inconformismo dun grupo de inmigrantes africanos respecto da situación que vive o seu colectivo en Galicia.

Equus Zebra foi fundada no ano 2000 coa misión de loitar contra as desigualdades e fomentar, así, un modelo de convivencia, comprometido e solidario; un modelo que mellore a calidade de vida do colectivo inmigrante e facilite a súa integración na comunidade galega.

Xa hai grandes empresas que colaboran nos seus proxectos como son Caixa Galicia, Xunta de Galicia, R, Concello da Coruña, Universidade da Coruña, etc. pero se queres achegar o teu graiño de area podes facer unha doazón na conta de Caixa Galicia: 2091-0098-52-3040006004. Esta é a sua mensaxe:

UN MUNDO MELLOR CONSTRÚESE A PARTIRES DE PEQUENOS XESTOS COLABORA CONNOSCO.

Para mais información:

Dirección: Antonio Pedreira Ríos, 24
Telf.: 881 89 89 30 Fax.: 881 89 89 31

No hay comentarios: