07 mayo 2008

Inquietude na comunidade xitana ao descoñecer a localización do solar para os barracóns

"Ninguén nos di o que van facer connosco". Así se pronunciaron onte varios membros da comunidade xitana que reside en Penamoa. Din que descoñecen onde lles van a realoxar "antes de que nos dean as nosas vivendas oficiais", subliñaron.
Os residentes no poboado observan como as obras avanzan cara ao asentamento. Coñecen que no proxecto de rehabilitación das familias faise constar que antes de que se lle concedan os pisos "íannos a mandar a casas provisionais". Estas levantaríanse "nas proximidades das chabolas actuais".
(Fonte:La Voz de Galicia)

3 comentarios:

alberto veciño do ventorrillo dijo...

Vannos realoxar provisionalmente en NINGURES.
Van permanecer nas súas chabolas durante o periodo de aprendizaxe de habilidades sociais, a familia que precise.
Iso é o acordado pola comisión veciñal co concello.
Se non se cumple, vai a haber mobilizacións dos veciños (manifestaciós, paralización de obras na terceira ronda, etc.).
Esperamos non ter que chegar a isto... polo ben de todo@s. U saúdo.

Virtu dijo...

Alberto: as familias que non precisen o aprendizaxe de habilidades sociais, ¿a onde irán? O alcalde asegura que non irán a Mesoiro, que non irán a Os Rosales, outros barrios están buscando a misma resposta...a algures terán que ir... Pero o que mais me preocupa a min son as que non consigan aprender esos habitos sociais ¿qué teñen previsto facer con esa xente? ¿Quedarán a un marxen da Terceira Ronda? Non entendo...

alberto veciño do ventorrillo dijo...

As familias que nos precisen aprendizaxe deben ser xa realoxadas onde os técnicos sociais do concello decidan; pero sempre respectando o principio de solidariedade de todolos barrios da cidade.
Os do ventorrillo e a maioria dos barrios están de acordo no realoxo neles de chabolistas e ós barrios non solidarios, se é o caso, haberá que obligarlles a aceptar a decisión.
Nestes intres o ambiente está moi caldeado i é posible que os técnicos sociais decidan esperar un pouco para realoxar (os propios chabolistas xa preparados para vivir nun piso teñen medo de ir).
Desde a comisión veciñal hai marcados uns prazos secuenciados razoables para que se produza o realoxo que debe rematar coa desaparición TOTAL do poboado no 2009 e temos o compromiso cos veciños de vixiar o cumplimento dos prazos e de alerta-los cando consideremos que os plazos non se cumplen.
No referente ás familias que non consigan aprender os hábitos sociais mínimos, se deberá interpretar como falta de vontade por parte da mesma e, seguindo as directrices do plan municipal, "serán obligadas a abandoar o poblado".
Así debemos esixir que se faga. Un saúdo.