19 mayo 2008

O PP recolle nunha iniciativa municipal as demandas veciñais de diversos barrios

O grupo municipal do PP remitiu ao grupo de goberno unha batería de iniciativas relacionadas coas peticións que lles trasladaron os cidadáns, "ante a falta de resposta por parte do goberno local".
Reclama que se prohiba aos camións atravesar o barrio de Matogrande para entrar e saír das obras do aparcadoiro e recurran a unha estrada que habilite o Concello. Propón tamén a sinalización e a vixilancia necesaria para que os vehículos non estacionen na parada do autobús situada na rotonda de San Sebastián Martínez Risco e a rúa Juan Díaz Porlier. Solicitan a instalación dunha pasarela peonil que permita o acceso directo dos usuarios da residencia Torrente Ballester ao paseo marítimo; que se pinte e arranxe todo o valo que pecha o porto desde a rúa Alférez Provisional, Linares Rivas, Primo de Rivera e avenida do Exército, "ante a deterioración e o deixamento no seu correcto mantemento"; e a substitución da fonte da praza de Mosteiro de Cines. Propón que se instale unha varanda nos laterais da praza de Vigo; que se limpen as pintadas da balaustrada que dá á rúa Federico Tapia, e que se instale unha varanda de protección ao redor do estanque da praza Salvador de Madariaga.


Para máis información, podedes abrir os seguintes ficheiros:



2 comentarios:

Anonymous dijo...

A ver si recolle que de unha vez nos fagan algo no barrio

BEIRARUAS(NON PARA APARCAR COCHES)

ILUMINACION EN XERAL

REPOÑER E ARRANXAR ARBORES

¡¡¡ TEMOS DEREITO A QUE NOS REFORMEN O BARRIO !!!!! (PARA BEN E NON QUE PINTEN ESA MERDA DE MURO)

mamasplazoleta dijo...

Solo decir que la barandilla del estanque de la plaza de Salvador de Madariaga la pongan antes de que cualquier chaval se rompa la cabeza. No es raro el día en que no caiga alguien allí, de momento es un simple chapuzón pero el día menos pensado ocurre una desgracia. El viernes pasado un niño de unos 9 años subía por la pared del muro porque tiene forma de escalera, menos mal que no le fallaron los pies... Esa fuente es un peligro.