08 mayo 2008

O tabaco: déixao e gaña.

O programa Déixao e gaña anima aos fumadores galegos a deixar o hábito. As persoas que rompan co vicio poderán gozar de viaxes e estancias en balnearios.
A Consellería de Sanidade convoca a sexta edición en Galicia do concurso Deíxao e gaña, invitando a participar ás persoas maiores de 18 anos que fumen diariamente desde fai máis dun ano, a deixar de fumar, polo menos, durante catro semanas, do 18 de maio ao 15 de xuño do presente ano. A cambio poderán gañar -ademais de saúde para eles mesmas e as súas familias- viaxes, estancias en balnearios e outros interesantes premios.

Cada concursante será apoiado por unha ou dúas persoas da súa contorna persoal ou laboral que fan de testemuño, e que lle axudarán no seu intento de abandono do tabaco. Os testemuños, en caso de non fumar, tamén terán o seu premio.

A iniciativa da Consellería de Sanidade trata de facer que persoas fumadoras ás que lles gustaría deixar de fumar pero teñen dificultades persoais ou doutro tipo para establecer unha data e facelo, tomen unha decisión, con motivo do concurso, máis activa cara ao seu abandono. Ademais, así se reforza o exemplo positivo das persoas non fumadoras e a información sobre os riscos do tabaco e os métodos de axuda dispoñibles.

Como participar

Poderán participar no concurso as persoas maiores de 18 anos, residentes en Galicia, que consuman tabaco a diario desde fai máis dun ano. O compromiso consiste en non fumar, polos menos, durante catro semanas, entrre o 18 de maio e o 15 de xuño. Os interesados poden inscribirse antes do 18 de maio no teléfono gratuíto 900101164., de luns a xoves, de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas e os venres de 8.00 a 15.00 horas. Tamén o poden facer a través de http://www.deixaoegaña.com/.

No hay comentarios: