07 mayo 2008

O viveiro de empresas municipal estará situado no Iglesario da Grela

O concelleiro responsable de Emprego, Henrique Tello, anunciou onte que a partir de setembro, medio ano despois do previsto inicialmente, porase en funcionamento o Centro Municipal de Emprego, lugar no que os novos emprendedores coruñeses poderán desenvolver a súa actividade contando co asesoramento e as instalacións adecuadas.
Tello indicou ademais que o viveiro empresarial situarase no Iglesario da Grela, que cualificou como idóneo, debido a que se atopa dentro dun polígono empresarial, entre outras cuestións. Así mesmo apuntou que o novo centro de emprego será moi mimado, á vez que contará con características tecnolóxicas de última xeración.
Nun principio barallouse a posibilidade de destinar o Iglesario como localización para a gardería da Grela, polo que agora será preciso atopar outras instalacións para crear este novo servizo.
(Fonte:La Opinión)

No hay comentarios: