17 mayo 2008

A obra da Terceira Ronda en Penamoa comezará con catro meses de atraso

A construción do tramo da Terceira Ronda en Penamoa comezará ao mesmo tempo que as máquinas preparen o terreo para acoller os edificios prefabricados nos que os chabolistas prepararán a súa integración social. O Concello anunciou onte que a próxima semana é a data prevista para emprender a execución dun treito de autovía que debería comezar fai catro meses. Responsables da unión de empresas ás que a Xunta adxudicou o proxecto -Aldesa e Arias Hermanos- comunicaron ao Goberno local que as súas máquinas entrarán en Penamoa a próxima semana, data prevista polo Concello para comezar a preparar o terreo no que levantará os dous módulos deseñados por Santiago Cirugeda.
(Fonte: La Opinion)

No hay comentarios: