07 mayo 2008

Os veciños de Eirís non se senten representados polo seu presidente

Os residentes no barrio contrarios á política municipal de realoxos esixen participar na comisión para a integración. Os veciños de Eirís, O Castrillón e a rúa Oleoduto acordaron onte solicitar unha reunión ao concelleiro de Vivenda e Solo, Mario López Rico, e á concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, para esixirlles que un dos seus representantes entre a formar parte da comisión permanente de integración sobre o Plan Especial Penamoa.
Os residentes nestes barrios da cidade recalcan que non se senten representados polo presidente da Asociación de Vecinos de Eirís, Jesús Prado, quen está presente no organismo para a integración dos chabolistas residentes no poboado de Penamoa. Prado, segundo os veciños, é afín ao Goberno local, polo que cren que non está capacitado para loitar polos seus intereses no conflito polo realoxo dos residentes no asentamento.
(Fonte:La Opinión)

2 comentarios:

Anonymous dijo...

No me extraña esa desconfianza, los de Eirís saben que nadie mordería la mano de quien te da de comer.

Anonymous dijo...

Pois claro que desconfiamos, eu enviei varios comentarios, preguntas e demáis nos últimos días sobre o asunto de Penamoa e non saen publicados. Xa sei que os comentarios están suxeitos a certos controles lóxicos, pero as miñas preguntas, dúbidas e comentarios eran do máis normal, respetuoso e sobre todo era para que me informaran e nada.... non lles interesa que aparezan nada que cuestione o Concello. Por iso cremos que non nos representa.