06 mayo 2008

A pescadilla mórdese a cola

A crise ecónomica na que estamos inmersos xa repercute na cesta da compra. Se as familias non teñen diñeiro para comprar, os prezos caen. Iso é o que pasou onte na lonxa da Coruña. Quilos e quilos de pescadilla tiveron que ser destinados a fariña. Os mariñeiros afirman que "isto é unha ruína. Non nos vai a quedar máis remedio que amarrar os barcos". E non é para menos, onte tiveron que tirar todo o seu traballo pola borda, pois o quilo de pescadilla só alcanzou o prezo irrisorio de 6 cts.

O mesmo pasou con 300 quilos de meiga que non atoparon comprador. Da moenda salváronse ao redor de mil quilos que os armadores decidiron doar a distintas institucións benéficas.


Esta situación repítese con moita frecuencia, sen ir máis lonxe, o sábado pasado unha importante cantidade de choupa do día tivo o mesmo destino.

No hay comentarios: