12 mayo 2008

A Policía de Barrio farase realidade mañá. Prometido, anunciado...feito.


Mañá a Consellería de Seguridade Cidadá presentará oficialmente a reorganización do corpo da Policía Local, na que a principal novidade será a creación de patrullas cidadás que traballarán a pé polos distintos barrios da cidade. A pesar de que a presentación oficial será mañá, en realidade os axentes comezarán a desempeñar as súas novas funcións a partir do mércores e cunha implantación que se prevé paulatina.
Espero que o noso barrio sexa un dos afortunados en contar coa desexada Policía de Barrio desde xa.
(Fonte: Diario Qué!)

No hay comentarios: