09 mayo 2008

A policía detén en Penamoa ao autor do roubo nun coche

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron o pasado luns no poboado chabolista de Penamoa a J.C.C., de 35 anos, como o presunto autor do roubo no interior dun coche que se atopaba aparcado na rúa Newton entre os pasados 19 e 20 de abril.
O sospeitoso, con 17 detencións anteriores, rompería o cristal do portelo dianteiro e levou o vehículo. Ao día seguinte dos feitos, a policía foi advertida de que un home merodeaba pola mesma zona a bordo dun coche en actitude sospeitosa, polo que acudiu á zona e localizou o automóbil roubado, ao que lle faltaba unha radio-CD.
Os axentes conseguiron identificar ao individuo, ao que conseguiron localizar días despois no interior do asentamento de Penamoa, onde lle detiveron.
(Fonte:La Opinión)

No hay comentarios: