06 mayo 2008

A Policía Nacional detén a dous irmáns que roubaron varias farolas na Grela

Os irmáns C.?H.?J. e a A.?H.?J., de 46 e 39 anos, naturais de Palencia e veciños da Coruña, acaban de ser detidos e acusados de ser os presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas. O arresto produciuse despois de que a Policía Nacional recibise varias denuncias pola substracción de parte do material que estaban utilizando os alumnos duns talleres municipais nunha actuación nas rúas Galileo Galilei e Severo Ochoa, no polígono da Grela.
O botín que substraeran os dous delincuentes consistía en 14 pezas de farola, 12 protectores de farola e 6 protectores de lámpadas, que trasladaron nunha carretilla e nun carriño de bebé. A pesar de que todas estas pezas eran de aluminio e cobre, os ladróns venderon parte delas como chatarra.
Logo de prestar declaración na comisaría, os dous irmáns foron postos a disposición policial.

No hay comentarios: