08 mayo 2008

¿Sanidade pública ou Sanidade privada?


¿E vostede cal prefire?


Por mor dunha noticia publicada hoxe no xornal La Voz de Galicia ("Un médico do SERGAS recomenda a un paciente ir a un privado se non quere perder un ollo" ) gustaríame abrir un debate para saber o que opinan os nosos lectores.

¿Por qué moita xente decide gastar máis diñeiro para contratar un seguro de saúde privado e renuncian á sanidade pública? Case todo o mundo coincide na resposta: non hai listas de espera e podes elixir ti ao especialista que prefiras, ademais dunha maior rapidez nas probas e habitacións privadas nos hospitais. Pero a sanidade pública tamén ten unha serie de vantaxes, que se centran sobre todo nunha: máis medios humanos e técnicos.
Vantaxes da sanidade privada
  • Non hai listas de espera. Permite acudir ao médico que se desexa case no momento en que o necesite o asegurado.
  • Acceso directo a especialistas. O enfermo pode acudir directamente ao especialista sen necesidade de pasar primeiro polo médico de cabeceira.
  • Libre elección de médico e centro hospitalario. O asegurado pode escoller entre unha ampla relación de profesionais e centros médicos, o que se axuste mellor ás súas necesidades ou preferencias.
  • Hospitalización en habitacións individuais con baño completo e cama para acompañante.
  • Rapidez na obtención de resultados das probas médicas.
  • Acceso ás mellores clínicas e hospitais.
  • Prestacións excepcionais. Cobertura de balnearios, transplantes, cirurxía da miopía, etc.
  • Asistencia médica e citas a través de teléfono e Internet. Algunhas entidades dispón dun servizo de asesoramento que aconsella e resolve dúbidas acerca de síntomas, problemas de saúde e medicamentos.
Vantaxes da sanidade pública
  • Ten máis medios humanos e técnicos.
  • Mellor calidade médico-asistencial en caso de operacións e partos de risco.
  • Na atención primaria levan a cabo tarefas de promoción e control da saúde e prevención de enfermidades, entre outras.
  • As prestacións farmacéuticas son gratuítas para os pensionistas e para os seus beneficiarios. Con carácter xeral, os traballadores en activo abonan o 40% do custo dos medicamentos.
  • Non hai límite de idade para recibir asistencia.
  • Non hai períodos de carencia.
Rematamos dicindo que a vida é o principal ben que temos. A saúde é esencial para a calidade da nosa vida. A sanidade pública, gratuíta, universal é a encargada de protexer a nosa saúde. Así de sinxelo para quen ademais da vida posuímos poucas cousas máis: un traballo, unha familia, talvez unha vivenda ou un coche.
O sistema nacional de saúde é un digno herdeiro do sistema de Seguridade Social, que como todos sabemos sostense cos recursos dos traballadores e empresarios a través das cotizacións sociais. Coa diferenza de que os empresarios repercuten este custo no prezo dos produtos que terminamos pagando os traballadores como consumidores finais, mentres que os traballadores pagamos as cotas da Seguridade Social descontándoas dos nosos salarios.
A sanidade é nosa. Coa nosa saúde non se xoga. Non somos o negocio de ninguén

2 comentarios:

Anonymous dijo...

La noticia es flipante!!! Qué pasaría si el paciente en cuestión no tuviera con que pagar la operación? Se quedaría sin ojo sin más? Y luego a pagarle una indemnización que sería muy superior a lo que realmente cuesta la operación en sí.
Totalmente denunciable.

Virtu dijo...

La noticia en sí es aberrante y creo que tristemente poco puede conseguir el paciente ahora con su reclamación. Supongo que lo que habría que hacer en estos casos, aunque sea exagerado, es volver al médico con un notario para que levante acta de todo lo que se le está diciendo, porque por escrito no creo que conste ya en ningún sitio.
De todas formas, decir que me gusta la sanidad pública más que la privada, entre otras razones porque permite una asistencia que no todo el mundo podría pagar. Me gusta la sanidad pública porque la salud es un derecho fundamental que no debe controlarse por una entidad con ánimo de lucro, léase aseguradoras. Aunque también estoy de acuerdo en ponerle a la sanidad pública la coletilla de “necesita mejorar”.