01 mayo 2008

Terceira Ronda, ¿para cando?

Os operarios néganse a comezar os traballos ata que realoxen aos chabolistas, co que levamos 4 meses de atraso.
Os traballadores reclaman que se adopten "unhas mínimas medidas de seguridade" e néganse a entrar no poboado mentres existan chabolistas que habiten nel. Un dos operarios subliña que as construtoras non realizaron "nin un só burato" nas inmediacións de Penamoa e afirma que a empresa non tallou ningún das árbores que hai cerca do asentamento. "O máis probable é que sexan os propietarios dos terreos porque cando che expropian sacas todo o que tes", comentan.

Os traballadores tamén descoñecen en que lugar instalarán os módulos de transición, que comezarán a funcionar en xuño e nos que serán educadas as familias do asentamento que se adhiran ao Plan Especial Penamoa. "Os módulos non veñen no proxecto. É unha cousa que se inventaron nos últimos días porque non había solucións", asegura un deles.

(Fonte: La Opinión)

No hay comentarios: