19 mayo 2008

Tranvías propón modificar a ruta da liña 14 para dar servizo ao Castrillón

A Compañía de Tranvías propuxo aos veciños do Castrillón que se varíe o trazado da liña 14 para dar cobertura ao barrio, tras as numerosas demandas realizadas. Os cambios incluirían ademais a supresión da 12-A, así como variacións nas actuais 1 e 12.
Aínda que nun principio O Castrillón só esixía un incremento dos buses da liña 1 en horas punta e que a frecuencia dos servizos das 12 e 12-A fóra de 20 minutos, un estudo detallado levou a expor unha reorganización máis profunda.


Supoño que esta non é unha boa noticia para o barrio, xa que a liña 12-A uníanos co Juan Canalejo, aínda que seguimos mantendo as liñas 20 e 22, espero que por bastante tempo.
Para máis información, pica aquí

1 comentario:

Virtu dijo...

O normal é que nos poñan novas liñas, por exemplo a da Universidades, non que nos quiten. Será pola crise...