17 mayo 2008

Un home é detido por roubar nun coche en Jaime Hervada

A Policía Nacional detivo a un coruñés por roubar presuntamente 380 euros ao condutor dun vehículo e unha axenda electrónica, valorada noutros 400, á altura da parada do autobús da rúa Jaime Hervada. Sobre a unha e media da madrugada do pasado martes, un home subiuse ao coche da vítima e púxolle unha navalla no pescozo, para que lle dese o diñeiro co que contaba. Sete horas despois, a Policía Nacional logrou arrestar ao home, de iniciais J.C.C., no poboado de Penamoa, a quen acusa de protagonizar un roubo con intimidación. O detido, de 35 anos e coñecido como Bisbal, conta xa con 18 detencións anteriores; a maioría delas, tamén por roubo.
Para seguir lendo a noticia pica AQUÍ

No hay comentarios: