19 diciembre 2010

Despois do Centro Cívico de A Silva, Losada inaugurará a piscina descuberta do Ventorrillo

E non é broma. Nin corto nin perezoso, o noso Alcalde descalzouse e sacou a bailar a Dña. Churri, moi friolera a señora, xa que se lle queixaba da temperatura.

A nova infraestructura está situada na rúa Alcalde Salorio Suárez, xusto enfrente da entrada ó Colexio María Barbeito, preto do café bar Bayo.

O que non entendemos é esa manía que teñen os políticos de estrenar obras sen rematar, aínda que ésta en concreto leva así uns cantos anos. Unha pista baleira, sen porterías, coas redes remachadas etc... Unha auténtica vergoña.

Pode bailar o que queira con Dña.Churri, pero nós poñerémolo a bailar a partir do 31 de Decembro se non desmantela Penamoa. Ahí sí que o queremos ver bailar, coa máis fea, chamada Penamoa. Porque agora non hai excusas. Os xuíces xa deron o paso, e agora Losada e Loura teñen a palabra.

No hay comentarios: