15 diciembre 2010

O Apalpador chega ao Ventorrillo o próximo 30 de Decembro

¿Coñecíades a existencia da figura do Apalpador?
É unha iniciativa da Concellaría de Normalización Lingüistica que está orientada a recuperar a tradición galega en canto a figura do Apalpador, que visitará o barrio do Ventorrillo para dar a coñecer a esta figura lexendaria da tradición galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Un xigante de oficio carboeiro que baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: "así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha presa de castañas e un agasallo. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas e o agasallo.

Fonte: www.coruna.es

No hay comentarios: