13 mayo 2011

El BNG estuvo ayer en la plaza Monasterio de Cines

O candidato do BNG reclamou a participación da veciñanza “para que o BNG sexa alternativa e para garantirmos o futuro da Coruña como cidade galega, de barrios, metropolitana e sustentábel”.

“As persoas que se sentan galegas e de esquerdas só teñen un voto útil o 22 de maio: o Bloque Nacionalista Galego”, concluíu Carril para logo rematar aludindo á “forza da banda sonora dos poemas de Rosalía, Curros e Celso Emilio Ferreiro, universalizados e popularizados pola música de Prudencia Roma e a voz poderosa de Pucho Boedo”.

Entre outras actuacións, o candidato do BNG propuxo “estudar a posibilidade da creación doutro tipo de infraestruturas para o aparcamento de vehículos de cara á habilitación de espazos para resolver os problemas de aparcadoiro no barrio, mellorar as infraestruturas co remate das beirarrúas e o soterramento dos colectores do lixo e mellorar as conexións de transporte público urbano coa universidade e cos hospitais”.

Carril tamén sinalou que o BNG propón o uso do CEIP María Barbeito fóra das horas lectivas para a súa utilización por parte da veciñanza, melloras no uso do pavillón do Ventorrillo para o seu emprego por parte dos equipos deportivos do barrio e a reforma da pista de tenis para a realización doutras actividades deportivas e habilitar espazos para o estudo no Ágora e dotación dun rexistro auxiliar no mesmo para a tramitación administrativa.

No hay comentarios: