10 diciembre 2012

O Ventorrillo e Katanga no Ágora o vindeiro mércores

Unha charla moi interesante o vindeiro mércores ás 18 horas no Ágora.


Un roteiro pola identidade e as características do Ventorrillo, Katanga e Mariñeiros ata a Biblioteca Ágora. Con Xurxo Souto e Victor Omgbá. 

A finais dos 70 e comezos dos 80 desenvólvese e urbanízase a zona do Ventorrillo, unha zona fundamentalmente residencial con espazos públicos e equipamentos colectivos.
O Ventorrillo vén sendo continuación e complemento da Agra do Orzán e conta, no seu estremo, con dúas zonas de moi marcada identidade: Katanga e Mariñeiros.
Este roteiro permitiranos achegarnos ás características, espazos e memoria desta zona da man de tres dos seus veciños.

INSCRICIÓN: BIBLIOTECA ÁGORA
DO 7 ATA O 11 DE DECEMBRO

No hay comentarios: