02 junio 2013

Intento de boicotear a Asamblea Xeral da AVV do Ventorrillo

O pasado xoves, varios veciños membros da Plataforma Ventorrillo desmantelamento de Penamoa que levaban moitos anos sen pagar as cuotas da AVV e incluso sen pasarse polo local , tentaron entrar pola forza previas amenazas de reventá-la asamblea na propia web da AVV.

Por moito que se tentan de ocultar tras uns nicks,  membros da asociación veciñal os teñen identificados con nome e apelidos según nos din.

Para evitar males maiores, lles permitiron entrar a escoitar a incluso a facer preguntas, que desembocaron en altercados verbais con comerciantes do centro comercial, e ata cos rapaces novos da xunta directiva da AVV. 

A continuación, levantáronse en media da Asamblea e marcharon, motivo polo que a xente que alí se daba cita dicían que "éstes viñan soamente a montá-lo lío".

Ogallá que algún día todos os que viven no barrio tiren polo ben do mesmo. Quizás este blog non foi un exemplo fai un tempo, pero creemos que así non se ía a ningún lado.
Ou tiramos todos do mesmo carro, ou isto non funciona.
De todos modos, a presidenta da Plataforma Ventorrillo mostrou o apoio a Rosa Barreiro. ¿Un comezo esperanzador de colaboración mútua?

No hay comentarios: